A dereita, grande triunfadora das eleccións en Grecia

A dereita resultou gañadora das eleccións lexislativas en Grecia ao imporse por máis de 20 puntos a esquerda socialdemócrata de Syriza. Porén, se non consigue formar Goberno convocaranse novos comicios nun prazo de 40 días.

Mitin do candidato de Syriza, Alexis Tsipras, a quinta feira, na emblemática praza Sintagma de Atenas. (Foto: Nikolas Georgiou / Zuma Press)
photo_camera Mitin do candidato de Syriza, Alexis Tsipras, a quinta feira, na emblemática praza Sintagma de Atenas. (Foto: Nikolas Georgiou / Zuma Press)

O primeiro ministro de Grecia, Kyriakos Mitsotakis, da formación conservadora Nova Democracia, venceu nas eleccións lexislativas deste domingo en Grecia con 40,81% dos sufraxios.

Trunfo da dereita

A porcentaxe da formación conservadora, con 75% das papeletas escrutadas, non lle permite gobernar en solitario, pero trátase dunha marxe moito máis ampla sobre o segundo partido do que vaticinaban as enquisas e as sondaxes a pé de urna.

A esquerda socialdemócrata de Syriza, o principal partido da oposición, liderado por Alexis Tsipras, levouse un forte golpe. Malia a aspirar a liderar a votación, a formación fica en 20,7%.

Os socialistas do Pasok, en cambio, gañaron forza e logran o 11,75% dos votos e os comunistas do KKE, que aumentan a súa porcentaxe de voto e alcanzan o 7,12%, sendo a formación que máis medra no espazo da esquerda.

A derrota de Varoufakis  

A candidatura promovida por Yannis Varoufakis, MeRA25, é outros grandes derrotados na xornada. O seu propio lider, o economista e ex ministro de Finanzas, Yannis Varoufkis ficou fóra do Parlamento.

A presidenta de Grecia, Katerina Sakellaropoulou, encargará a partir desta segunda feira ao partido máis votado que forme Goberno. Se no prazo de 72 horas este non logra suficientes apoios, a responsabilidade pasará ao segundo partido con máis votos, que contará co mesmo prazo.

A mandataria grega deberá convocar aos gregos a unhas novas eleccións nun prazo de 40 días, se fracasa na posibilidade de buscar acordos para conformar una Executivo en base aos resultados destas eleccións

Comentarios