mércores 08/12/21

Cuba autoriza o atraque no seu territorio do cruceiro británico MS Braemar, que leva a bordo varios pasaxeiros e pasaxeiras con coronavirus. Así o anunciou o ministro de Relacións Exteriores cubano, Bruno Rodríguez Parrilla, que apelou a “razón humanitarias” para atender a demanda do goberno de Boris Jhonson de que prestasen axuda ás viaxeiras.

O ministro afirmou que “se adoptarán as medidas sanitarias establecidas nos protocolos da Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Ministerio de Saúde Pública de Cuba para recibir pasaxeiros e tripulación”.

Así mesmo, Rodríguez Parrilla argumentou que a “decisión responde a unha emerxencia de saúde, na que podería existir risco para a vida de persoas enfermas”.

Engadiu quie, de acordo coas autoridades británicas, estableceuse que una vez que as viaxeiras arriben a Cuba se proceda ao seu retorno “seguro e inmediato” ao Reino Unido por vía aérea.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Cuba autoriza “por razóns humanitarias” o atraque dun cruceiro británico con pasaxeiros...
comentarios