Cospedal exixe sancións para quen ofenda o Borbón e os símbolos "nacionais"

En pleno escándalo Bárcenas, a secretaria xeral do PP, María Dolores Cospedal, non perdeu a oportunidade de se envolver na bandeira española.

Cospedal manda un recado ao Goberno Rajoy. Ve oportuno que se estabelezan cambios na lexislación para "sancionar dalgunha forma" a quen protagonizar "actos" que ofendan "símbolos de todos os españois", dixo, en relación aos enxordecedores apupos cos que foi recibido onte en Gasteiz o Rei e o himno españois, durante a final da copa de baloncesto.

A dirixente conservadora xulgou como "absolutamente reprobábel" o facto de unha parte moi considerábel de seareir@s presentes na cancha apuparen o Borbón ao se interpretaren as notas do himno español.

Cospedal non perdeu a oportunidade de empregar este episodio para desviar a atención das graves acusacións de corrupción que pesan sobre o seu partido, e das sombras que envolven tamén a monarquía.

Comentarios