Censuran no Congreso unha pregunta parlamentar sobre a monarquía española

O deputado abertzale Jon Iñarritu tivo que axustar a súa pregunta eliminando a referencia a Felipe VI.

Retirada do Parlamento de Nafarroa do cadro de Juan Carlos I (Parlamento de Nafarroa).
photo_camera Retirada do Parlamento de Nafarroa do cadro de Juan Carlos I (Parlamento de Nafarroa).

O grupo parlamentar EH Bildu viuse obrigado a cambiar a pregunta do seu deputado Jon Iñarritu dirixida á vicepresidenta do Goberno español, Carmen Calvo, sobre cal sería a súa posición se houber unha hipotética abdicación de Felipe VI.

A pregunta de Iñarritu, prevista para a sesión plenaria do Congreso español a vindeira cuarta feira, cuestionaba "que máis debería pasar para que o Goberno español apoie a abdicación de Felipe VI xunto coa convocatoria dun referendo sobre a xefatura do Estado? '

Porén, os servizos xurídicos da cámara obrigaron a EH Bildu a reformular a súa pregunta porque explican que está "escapando do control parlamentario", segundo informou a formación abertzale.

Comentarios