Cen anos de ‘Madiba’

Mandela é unha figura fundamental para comprendermos África e o século XX. A loita contra o réxime racista do apartheid, patrocinado polo imperialismo, foi o motor da súa vida. Eis un extracto do perfil publicado no número 304 de Sermos Galiza.

MANDELA_Youtube
photo_camera [Imaxe: YouTube] Nelson Mandela

4Nelson Mandela é hoxe unha figura indiscutida. Madiba, como era popularmente coñecido, erixiuse nun referente mundial da loita contra a inxustiza e, singularmente, en contra da discriminación racial. Este 18 de xullo cumpriranse cen anos do seu nacemento, apenas cinco anos despois de que se “apagase apacibelmente” no seu fogar , en palabras do presidente Jacob Zuma. Unha data que desde 2009 e por acordo unánime da Asemblea Xeral das Nacións Unidas é o Día Internacional Nelson Mandela pola loita polas liberdades.

O consenso que hoxe envolve o seu legado e que o refire como un actor fundamental para comprendermos África no século XX non pode ocultar que a súa loita chocou coa complicidade activa das principais potencias capitalistas –especialmente os EUA, Franza e o Reino Unido– co réxime segregacionista do apartheid que o confinou na prisión durante 27 anos. Premio Nobel da Paz desde 1993 e primeiro presidente negro de Sudáfrica de 1994 a 1999, Madiba foi tratado como un terrorista durante a maior parte da súa vida.

A súa é unha historia de superación e, sobre todo, de compromiso e entrega. Unha vida dedicada á causa da emancipación da maioría negra e pobre. Nacido o 18 de xullo de 1918 nunha familia da tribo thembu da etnia xhosa, Mandela logrará ser o primeiro neno desa tribo en se escolarizar aos 7 anos. Con 26 anos entra a militar no Congreso Nacional Africano (CNA), principal movemento antiapartheid, que en 1960 foi prohibido polas autoridades racistas.

[Podes ler a información íntegra no número 304, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios