Cayo Lara destaca que IU está por un Estado federal e non pola independencia de Catalunya

O coordinador nacional de Izquierda Unida, Cayo Lara, afirmou ao respecto do anuncio de Artur Mas da convocatoria do referendo en Catalunya que Izquierda Unida aposta por un Estado federal, solidario e republicano e non polo Estado independente”. 

cayo lara
photo_camera cayo lara

Cayo Lara dixo mostrar respecto pola consulta soberanista e enfatizou que Esquerda Unida defende un “Estado federal solidario e republicano” e non un “Estado independente” en Cataluña. Afirmou tamén que ten “dúbida razoable” a respecto de que a primeira das preguntas “recolla todas as sensibilidades”. 

O coordinador nacional de Izquierda Unida sinalou que a súa formación apoiaba formalmente o dereito a decidir porque “ninguén ten que ter medo á democracia”. Porén afirmou que “os procesos soberanistas non son os que van resolver os problemas da clase traballadora”. Remarcou tamén que o acordo asinado polas organizacións soberanistas pasa porque o referendo se realice “dentro da legalidade”.

Comentarios