Un home disparou esta terza feira no Bulevar de Avroy da cidade belga de Liexa matando dous policías e un viandante antes de ser el propio abatido polas forzas de seguridade. Hai varias persoas feridas.
Según fontes policiais esta persoa atrincheirouse cunha muller, que traballaba no instituto Leonie de Waha, como refén. O tiroteo tivo lugar no café perdo do centro de ensino.
Liexa xa fora escenario dun tiroteo en 2011, cando un pistoleiro matou catro persoas e feriu varias ducias antes de suicidarse. Bélxica está en estado de alerta máxima por ameaza terrorista.
La police évacue le boulevard #fusillade pic.twitter.com/bQejS9ngjl
— Stéphanie Fellen (@stef_e) 29 de maio de 2018