Altos cargos militares admiten a participación no golpe de Estado en Bolivia contra Evo Morales

Morales foi derrocado nunha sublevación na que tamén participou o gobernador de Santa Cruz, Luis Fernando Camacho.
Jeanine Añez en 2020, durante a súa Presidencia de facto. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)
photo_camera Jeanine Añez en 2020, durante a súa Presidencia de facto. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)

O xeneral Jorge Mendieta, o almirante Flavio Gustavo Arce, ambos os dous ex membros do Alto Mando militar das Forzas Armadas bolivianas, así como o xeneral Gonzalo Terceros, ex comandante da Forza Aérea, e o almirante Palmiro Jarjury, ex comandante do Exército, recoñeceron a súa responsabilidade no golpe de Estado de 2019 contra o daquela presidente, o progresista Evo Morales, informou na madrugada de hoxe a axencia Télam.

Os catro están imputados no caso 'Golpe de Estado I', e reclamaron ao confesar a súa participación na sublevación ser xulgados nun procedemento abreviado. Amais, varios dos militares admitiron a intervención do gobernador de Santa Cruz e un dos principais opositores a Morales, Luis Fernando Camacho, na organización do golpe de Estado.

A autoproclamada presidenta tras ser derrocado Morales, Jeanine Áñez, de extrema dereita, cumpre unha sentenza de 10 anos de prisión tras ser condenada no caso Golpe de Estado II por “resolucións contrarias á Constitución” e “incumprimento de deberes”.

Áñez, daquela senadora da República de Bolivia, asumiu o cargo o 12 de novembro primeiro proclamándose presidenta da Cámara Alta boliviana e, máis tarde, presidenta do Estado. Todo iso en senllos actos na Asemblea Lexislativa que non contaron co consenso nin a presenza mínima de lexisladores.

Comentarios