Entrevistamos Caridade Valcourt

“Nas colonizacións, as haitianas estiveron loitando en primeira fila”

Caridade Valcourt é activista feminista haitiana e traballa con organizacións locais de mulleres haitianas ao redor do liderado feminino ou da integración de conceptos de dereitos humanos e das mulleres. Estivo na Galiza da man da ONGD Implicadas no Desenvolvemento para realizar un encontro con mulleres galegas.

DSCF1841
photo_camera [Imaxe: Belén Bouzas] Caridade Valcourt

3Como comezou a súa loita como activista feminista no seu país?

Pódese dicir que dei os primeiros pasos na Universidade, aínda que o certo é que sempre tiven esa preocupación pola desigualdade que existe entre homes e mulleres. Mais realmente cando tiven ese dispariño, ese clic digamos, foi durante un curso de antropoloxía na Universidade, onde unha compañeira mais eu fixemos un pequeno traballo de investigación sobre a percepción dos movementos activistas de mulleres. Foi aí onde comecei a estudar esta temática máis seriamente e foi así como comecei a preocuparme dun xeito máis consciente.

Como se foi desenvolvendo o movemento feminista en Haití a través dos anos?

O movemento feminista en Haití tivo varias etapas, comezou xa na época precolombina. Durante toda a historia sufrimos tres colonizacións: primeiro a española, despois chegou a francesa e por último a americana. As mulleres foron organizándose de diferentes maneiras, ás veces foron formándose con colectivos e outras xa dun xeito máis individual. Durante a colonización española tiñamos a figura de Anacaona, unha gobernadora que loitaba polos dereitos das mulleres e en contra dos abusos e explotacións que estas padecían. Cando Anacaona morreu, substituíuna a súa neta, Mencía. Xa durante a segunda etapa, na época da colonización francesa, estaba a xeneral Fanny e outra muller que era Enriette, unha prostituta que xogou un papel imprescindíbel na loita contra os colonos. Daquela época as prostitutas tiñan acceso aos militares e podían entrar nos seus campamentos. Enriette aproveitou esa situación, arriscábase e roubáballe a munición aos militares para despois darlla aos indíxenas coa finalidade de que puidesen loitar contra eles. Máis tarde, pouco despois de acabar a colonización francesa chegou a americana e, de novo, as mulleres desenvolveron un papel importante porque elas podían acceder a todas as partes do país, mentres que os homes tiñan certas zonas restrinxidas. Entón, elas accedían a eses lugares prohibidos e podían informar de onde estaban os invasores. Durante esta terceira invasión tamén houbo outras mulleres que se moveron até os Estados Unidos coa finalidade de facer un traballo de incidencia explicando todo o que estaba pasando en Haití. Deste modo, a sociedade podía concienciarse de todo o problema que estaban vivindo coa colonización americana.

[Podes ler a entrevista no Sermos Galiza 281, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios