Congreso

O Congreso aproba o plan de axudas ás empresas afectadas pola pandemia

Só se poderán usar para pagar gastos fixos ou débeda.
O Congreso, onte, no debate sobre a prórroga da alarma (Imaxe: Pool)
photo_camera O Congreso nunha imaxe de arquivo (Imaxe: Pool)

O Congreso aproba o Decreto-lei para crear un paquete de 7.000 millóns de euros para axudas directas dirixidas a PEMES e traballadoras autónomas que será xestionado polos gobernos autonómicos.

Inclúe axudas entre 4.000 e 200.000 euros para empresas e persoas que traballen por conta propia que perderan como pouco o 30% dos seus ingresos por mor da pandemia, e só se poderán usar para pagar gastos fixos e débedas.

A medida foi aprobada por 177 votos a favor, 50 en contra e 113 abstencións.

No debate o Goberno español recibiu críticas da maioría de grupos políticos -incluído o socio minoritario de goberno- polo retraso en presentar este plan de axudas, pola súa falta de profundidade, e por non telo negociado co resto de forzas.

Galiza no debate

Néstor Rego, voceiro do BNG, abstívose para non prexudicar a aprobación das axudas mais criticou que están máis orientadas ao “pago de débeda e non a compensar perdas como sería lóxico” amais de advertir que os criterio de reparto non benefician a Galiza.

O deputado nacionalista tamén incidiu na exclusión arbitraria de determinadas actividades económicas das axudas e no aproveitamento que fan as entidades financeiras para obter beneficios do pago das mesmas.

Este tipo de cousas non parasían “se o ICO fora unha banca pública como vimos propoñendo” afirmou Rego.

Comentarios