En actitude triunfal

Após reprimir o 1-O, os policías posan perante o seu cruceiro cunha bandeira española

Sen dúbida esta vai ser unha das imaxes icónicas do furacán represivo desatado polo Estado o 1-O, cun balanzo de perto de 900 persoas feridas, albo de pancadas, agresións e, en ocasións, pelotas de goma e gases lacrimóxenos por un único delito: iren a un colexio eleitoral a votar.

Foto
photo_camera Foto

A fotografía aparece publicada no Facebook de Policías Eurocops baixo o lema de "Orgullosos de vós e coa satisfacción do deber cumprido".

Os axentes do CNP (Corpo Nacional de Policía) posaron para esta instantánea, cunha bandeira española, nas últimas horas do serán deste domingo, após protagonizaren brutais cargas contra miles de cidadás e cidadáns de Catalunya que pretendían exercer o seu direito de voto.

O cruceiro que se ve tras deles é o Rhapsody, un dos cruceiros -este non é o do xa mítico Piolín- contratado por Interior para aloxar os destacamentos enviados para sofocar a rebelión democrática catalá.

O post de FB ten máis de 300 comentarios e máis de 2.000 likes.

Comentarios