Ducias de "intelectuais e profesioais" veñen de asinar un manifesto en que se posicionan contra "o secesionismo" de Catalunya e reclaman que este país se manteña dentro do Estado español. Nun texto en que se critica o "vitimismo" das e dos independentistas, avógase por buscar fórmulas de convivencia, mais os e as asinantes non teñen reparos en acusar o soberanismo de "violentar a lei democráctica" para "atinxir os seus fins".
"É preciso que CiU e outras forzas de afinidade independentista asuman as súas graves responsabilidades na equivocada xestión da presente crise económica e nos abusos en que incorreron e deixen de exculparse baixo o suposto espolio perpetrado por España. Esa estratexia de exculpación afórralles o debate económico e social que necesitan tanto Cataluña como o resto de España, exacerbando e absolutizando, no seu lugar, un debate nacional e nacionalista".
'La flor y nata'
Entre os asinantes están o cineasta Pedro Almodóvar, a actriz Aitana Sánchez-Gijón ou o escritor Mario Vasgas-Llosa. Tamén rubrican o manifesto escritoras como Almudena Grandes, Elvira Lindo ou Juan Goytisolo, para alén de politicos como o exministro socialista de Economía Carlos Solchaga.
Xuntos tamén contra Cuba
Almodóvar e Vargas Llosa xa coindiron noutro manifesto. En maio de 2010 o cineasta e o escritor formaban parte da nómina de intelectuais e artistas que presentaban a denominada "Plataforma por Cuba", en que secundaban as críticas da disidencia cubana contra o modelo socialista instaurado tras a revolución de 1959 e ratificado por abrumadora maioría nas reformas constitucionais de 1992 e 2002. Daquela demandaban ao Goberno de Zapatero que cesase na "complicidade" co Goberno de Cuba e animábano a retomar unha posición de hostilidade contra a illa, como a emprendida por Aznar.