xoves 09.04.2020

O alcalde de Madrid é partidario de fechar a cidade polo coronavirus

Madrid
Madrid

O alcalde madrileño, Martínez-Almeida declarouse "partidario", se se dan as circunstancias, "de pechar Madrid”. Así o dixo o rexedor do PP durante a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno local.

Tamén explicou que para que se produza esta medida, hai que seguir as instrucións das autoridades sanitarias en función da evolución dos diferentes escenarios que hai neste momento. "As administracións non poden dubidar, o noso pulso non debe tremer para adoptar todas aquelas medidas que, segundo a emerxencia sanitaria, debemos adoptar en calquera momento", dixo.

O alcalde admite que non é unha decisión que estea só nas súas mans, depende do Goberno español, que até o momento non se decantou por esta medida embora as diferentes voces que lle reclamaban a adopción da mesma.

O coronavirus non dá tregua a Madrid. Segundo os datos divulgados polo Ministerio de Sanidade, o número de mortes nesta comunidade á altura de 19 de marzo supera as 498 persoas, practicamente 65% da totalidade dos falecementos rexistrados no conxunto do Estado. Entre a mañá da cuarta feira á da quinta feira, finaron en Madrid 108 persoas infectadas, o que significa unha morte cada 13 minutos nos centros hospitalarios da rexión. 

comentarios