Un accidente asociado á minaría ilegal deixa persoas 16 mortas en Suráfrica

Venezuela paraliza unha explotación de ouro ilegal nun Parque Natural.
Equipo de bombeiros surafricano (Foto: Europa Press / Contacto / Manash Das).
photo_camera Equipo de bombeiros surafricano (Foto: Europa Press / Contacto / Manash Das).

Cando menos 16 persoas faleceron esta quinta feira por inhalación de gas. Sospeitase que a intoxicación está asociada a actividades mineiras ilegais na cidade surafricana de Boksburg, perto de Johannesburgo, a capital.

Os Servizos de Xestión de Desastres e Emerxencias Locais confirmaron o balance de vítimas. Tamén aclararon que non se produciu unha explosión, negando así os informes que apuntaban a este suceso.

"Recibimos unha chamada sobre unha explosión de gas, mais ao chegar, descubrimos que un cilindro de óxido de nitrato se filtrara, o que provocou unha intoxicación por inhalación entre as persoas no asentamento informal de Angelo e os seus arredores", explicou un portavoz dos servizos de emerxencias á cadea Newzroom Afrika. Ademais, agregou que a busca de vítimas adicionais continuará durante toda a noite mentres se monitoriza o lugar dos feitos.

Venezuela desaloxa 800 persoas dunha mina ilegal

Unhas 800 persoas foron desaloxadas polas Forzas Armadas de Venezuela da mina ilegal Búlaa, situada dentro do Parque Nacional Cerro Yapacana, no estado de Amazonas, no extremo sur do territorio venezolano.

Nun vídeo publicado polo comandante estratéxico operacional das Forzas Armadas, Domingo Hernández Lárez, aprécianse as accións emprendidas para inhabilitar o asentamento irregular dentro do Parque Nacional, que é unha zona protexida desde o ano 1978.

Extracción de ouro prohibida

Entre outros obxectos, as autoridades atoparon numerosos bidóns de combustíbel, bombas hidráulicas, pas e mangueiras, empregados polos mineiros para extraer ouro, cuxa explotación na zona está prohibida.

Comentarios