Yilliqiya ou Galisiya. O reino da Galiza nas crónicas árabes

Yilliqiya ou Galisiya. Así aludían ao Reino de Galiza as fontes árabes, que achegan unha información que impugna o relato da historiografía españolista e que poñen sobre a mesa a súa importancia. Ibn Jaldun, o historiador árabe por antonomasia, dedica no século XV un capítulo da súa obra a elaborar toda unha historia dos Reis de Galiza.
Mapa do Reino de Galiza no perÍodo do Califato de Córdoba.
photo_camera Mapa do Reino de Galiza no perÍodo do Califato de Córdoba.

As crónicas árabes son unha fonte de primeira orde para o coñecemento, a recuperación e a rectifcación da historia do Reino de Galiza. Só Ana María Carballeira Debasa, no seu libro Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales, certifca a existencia de perto de cincuenta autores que entre o 711 e o século XV se teñen ocupado do Reino de Galiza.

Destacan entre eles o cordobés Ibn Hayyan, se cadra o máis importante dos historiadores do medievo peninsular, o xeógrafo onubense Al-Bakri, o ceutí Al-Idrisi e o mesmo Ibn Jaldun, o historiador árabe por antonomasia que no século XV dedica un capítulo da súa obra a elaborar toda unha historia dos Reis de Galiza. As fontes árabes, ao igual que acontece coas francas, escandinavas ou as vaticanas, coetáneas da Galiza medieval, achegan unha información que impugna o relato da historiografía españolista e permite que aboie na súa realidade e tamén na súa importancia o Reino de Galiza.

Xeografía

Coñecían o Reino de Galiza como Yilliqiya ou Galisiya, situando entre as súas cidades máis importantes Santiago de Compostela e Lugo, pero tamén Oviedo, León, Zamora, Astorga, Salamanca ou Coimbra polo sur. A contorna xeográfca do territorio que os musulmáns recoñecían como Galiza era moito máis ampla que a actual, estendéndose por toda a parte noroeste da Península e incluíndo a marxe das terras da Galiza actual, Asturias, Portugal, León e a Castela citerior.

Segundo indicaba o profesor Francisco Rodríguez nun recente artigo sobre o tema, publicado no dixital Terra e Tempo, “Galiza aparece como unha realidade xeográfca, social, económica, cultural e política, abranguendo maior ou menor extensión segundo o momento, sendo sempre o espazo central e nuclear a Galiza de Ortegal ao Douro, moi defnida, contundente e tan importante como para os musulmáns identifcar a parte cristiá da península prioritariamente con esa denominación (Yilliqiya, Galisiya)”.

Así Un Al-Istajri, un autor do século IX, marca as fronteiras do Reino de Galiza nas cidades de Mérida, Guadalaxara, Cáceres e Toledo, situando como cidades principais Zamora e Oviedo. Por exemplo, no século XI, Al-Bakri, recoñece como parte do Reino de Galiza, entre outros territorios Asturias, cuxo nome procede do Río Astur, León e a Castela ulterior e a Castela citerior, citando entre as prazas fortes da mesma a Grañón, Alcocero, Amaya e o propio Burgos.

Xa no século XIII Said al Magribi sitúa como localidades galegas Coimbra, Salamanca, Zamora, Ávila ou Santander, mentres outras localidades próximas a esta como Laredo ou Castro Urdiales son denominados como “portos de Castela”. As referencias á galeguidade de Santander son unha constante na práctica totalidade da historiografía árabe até principios do XIV, afrmando o propio Al-Bakri na súa crónica que Galiza limitaba ao leste coa terra dos Vascos, incluíndo no territorio galego máis unha vez a capitalidade de Cantabria.

Como eran os galegos?

Os habitantes do Reino de Galiza eran denominados polos cronistas árabes como yalalika (galegos). Tratábase dun xentilicio xenérico co que denominar a poboación cristiá do noroeste peninsular, diferenciándoa das xentes da área catalá que eran recoñecidas como ifrany (francos). Os galegos son retratados como homes de cabelo e ollos negros, de boa fgura, fortes, astutos e valentes, non “fuxindo do campo de batalla e atopando axeitado morrer nel”, considerándoos como máis avantaxados militarmente, belicosos e temíbeis que os francos.

Á volta do século XV, Ibn Jaldun, afrma que no momento en que el escribe os galegos acoden á guerra tocando tambores, entoando cantos e “soplando a al-gaytat”, unha sorte de gaita, sinalando un século antes Abu l-Fida que beben sidra “se ben en pequenas cantidades” e unha sorte de cervexa de fariña, denominada en árabe aniska. Os galegos veñen ser os principais adversarios e tamén os inimigos máis temidos en tempo de guerra polos árabes, que de xeito recorrente son presentados pola súa bravura e tamén pola súa actitude belicosa.

As crónicas árabes non escapan ao ambiente de hostilidade que enfrontou ambos os dous pobos durante diversos períodos, debuxando os galegos coas súas virtudes e tamén cos seus defectos. Aparecen así como “traidores”, de “natureza vil” e “como persoas de poucos escrúpulos”, sinalando os nosos antepasados como pouco amigos da hixiene. Máis unha vez o xeógrafo, mecenas e membro da familia real siria Abu l-Fida a mediados do século XIV, sinala que os galegos “non se limpan nin se lavan agás unha ou dúas veces ao ano. Non lavan os seus vestidos desde que os poñen até que unha vez postos rematan en farrapos; pensan que o cheiro da suor os recobre e lles proporciona benestar e saúde aos seus corpos”.

As referencias relativas á hixiene dos galegos débense entender desde a perspectiva da limpeza que caracteriza a cultura árabe e a século XIII. Así as cousas os seus reis eran inequivocamente galegos, sen dúbida ningunha entre o século VIII e o XIII, e aínda no XIV Afonso XI, para nós Afonso X, así era considerado, acontecendo outro tanto con personaxes tan caros da historiografía españolista como Rodrigo Díaz de Vivar “O Cid Campeador”, referenciado nas crónicas como “can galego”. Ibn Jaldun, o historiador nado en 1406, referíndose ao confito que enfrontou na segunda metade do século XIV os seguidores de Pedro I e de Henrique de Trastámara, sinala que o primeiro sucedeu o seu pai á fronte do Reino de Galiza.

Ao tempo estes testemuños adéntranse non só nas relacións do Reino de Galiza cos seu veciños do sur, ou cos outros pobos peninsulares, senón que afonda na súa dinámica interna e na confitividade. Sinalabamos con anterioridade as achegas ao confito da segunda metade do século XIV, pero tamén documentan as loitas que adiantan a coroación de Afonso Enríquez, a quen denominan despectivamente como “O Sultaniño” primeiro como rei de Galiza en Compostela e posteriormente como emperador na Catedral de León.

Outro tanto acontece coa atribulada Alta Idade Media Galega, rica en conspiracións e preitos sucesorios, onde pretendentes e monarcas galegos buscaron apoio e aliados entre os reis árabes. Un destes casos foi o de García, que despois de ser derrotado na batalla de Santarem, en 1071, polo seu irmán Sancho II de Castela, rematou por exiliarse en Sevilla á espera de volver recuperar o seu reino.

Máis en Información do Reino
Comentarios