Xoán Fernández de Andeiro, o diplomático galego que trunfou en Portugal

Deulle entrada na Coruña ao rei de Portugal e intentou coa familia Castro trazar unha alianza anglo-luso-galaica fronte aos Trastámara. Logo, refuxiado no país luso, rematou converténdose nun dos grandes diplomáticos na Europa da Guerra dos 100 Anos. O seu asasinato deu lugar á revolución portuguesa de 1387 que asentou a independencia a respeito de Castela.
A tumba que supostamente corresponde a Andeiro. (Foto: galiciapuebloapueblo.blogspot.com)
photo_camera A tumba que supostamente corresponde a Andeiro. (Foto: galiciapuebloapueblo.blogspot.com)

En Portugal Xoán Fernández de Andeiro representa practicamente o mal personificado. E na Galiza, onde naceu en 1820, é aínda un completo descoñecido. Segundo escribe o historiador Anselmo López Carreira en O reino medieval de Galicia, “Andeiro era representante paradigmático do sector aristocrático adherido á opción atlantista de Galiza, coa ollada posta en Portugal e Inglaterra, e estaba chamado a desempeñar un papel protagonista na alianza anglo-lusogalaica que culminaría en 1386 co desembarco do duque de Lancaster en Galiza”. O seu obxectivo era “artellar unha alianza sólida entre estes dous reinos que facilitase a intervención en Galiza, prevendo o protagonismo militar inglés”.

Hai moito escrito sobre este personaxe en Portugal, pero moito menos da súa actividade na Galiza. A primeira noticia que temos del é de cando lle abre as portas da cidade da Coruña ao rei portugués Fernando I o Formoso. Falamos do ano 1369, cando os lexitimistas galegos capitaneados por Fernando Ruíz de Castro lle ofrecen a coroa de Galiza ao rei portugués ao se opoñeren a Henrique II de Trastámara. Fernando I entra na Galiza nunha expedición moi fácil -”vanlle abrindo as portas en todas partes”, explica López Carreira- e na Coruña ábrenselle as portas da muralla e sae unha chea de xente, polo que os portugueses cren que é un ataque. Pero aparece Andeiro -descrito nas crónicas portuguesas como o gran señor da cidade- para saudar o rei de Portugal.

O de Cambre era un dos líderes, xunto con Álvaro Pérez de Castro e Nuño Freire de Andrade, do alzamento de Galiza en favor do rei portugués, que foi aclamado en todas as partes como señor de Galiza. Primeiro Tui e Salvaterra, logo Baiona e Redondela. Logo Ourense, Santiago e, por fin, A Coruña, segundo relata Emilio González en La insumisión gallega.

Cando A Coruña foi portuguesa

Segundo López Carreira, A Coruña foi a cidade galega que permaneceu máis tempo fiel a Portugal. E mesmo alí se acuñou moeda lusa -ao igual que en Tui- coa imaxe da Torre de Hércules. “A intervención de Fernando I na Coruña foi breve pero tiña intención de ser definitiva, e cando perderan o control do resto do país, A Coruña aínda se mantivo porque se abastecía por mar”.

Con todo, unha vez que fracasa a estratexia Castela a través do matrimonio da filla de Fernando e Leonor co rei castelán. Porén, López Carreira pon en dúbida este feito: “Pasa moitas veces, cando un personaxe ascende en contra dos gustos da opinión dominante, sempre se busca atribuírlle un mérito que non sexa político”. A raíz da posibilidade dun novo achegamento a Castela, e logo da morte de Fernando I, Andeiro converteuse no obxectivo dos opositores e foi asasinado a mans de Joao de Avis, que logo asumiría o trono.

“Aí empeza a revolución de 1383, o seu asasinato é a primeira badalada deste levantamento”, sinala López Carreira, “no que se ergueron unha parte da nobreza media e baixa e as burguesías marítimas de Porto e Lisboa, contra proportuguesa dos Castro e de Andeiro, boa parte da nobreza galega -último reduto do anti-trastamarismo- refúxiase en Portugal. Hai fontes que cifran o éxodo en máis de 500 cabaleiros, o mesmo que acontecera máis dun século atrás, cando boa parte da nobreza galega se amosou contraria á unión do reino de Galiza co de Castela.

Andeiro foi un deles, e pronto iniciou no país veciño unha carreira meteórica ao calor da confianza que lle outorga Fernando I, acumulando moito poder e influencia e sendo o principal artífice dunha alianza anglo-portuguesa que duraría séculos. Alén de converterse en Conde de Ourém.

Alianza anglo-lusa

Segundo a profesora da UDC Paz Romero, especialista nas relacións entre Galiza e Portugal no Medievo, Andeiro “foi un embaixador secreto que Fernando I tivo en Inglaterra, cando se estaba a fraguar o tratado de 1380 entre Inglaterra e Portugal. E foi moi próximo ao Duque de Lancaster, Xoán de Gante, que aspiraba ao trono de Castela”. A súa proxección política é “enorme, non só en Castela e Portugal, senón en toda Europa, porque se enmarca na Guerra dos Cen Anos”.

Da mesma opinión é o historiador inglés P. E. Russell, que definiu Andeiro como o “arquitecto” desta alianza; etamén Emilio González, quen escribe que Andeiro “tiña o estraño privilexio de representar á vez nas negociacións con Portugal os intereses do rei Fernando e os do Duque de Lancaster, convertido en pretendente de Castela. Foi Andeiro a alma e o instrumento destas negociacións”.

E así traballaban os expatriados galegos, liderados en Inglaterra por Andeiro e en Portugal por Fernando de Castro, agardando por unha conxuntura favorábel para volver levantar Galiza. Pero morre Fernando e esváese a posibilidade. A liñaxe dos Castro sempre tivo un malfado histórico.

Segundo afirma González, Fernando fora “o último caudillo galego e ninguén ocupou a praza que deixa vacante. Andeiro non tiña na Galiza talle social para ocupala. O arrogante fidalgo coruñés que conquistaba corazóns e amizades nas cortes de Londres e Lisboa non tivo a mesma habilidade e interese por gañar a confianza do seu pobo”.

Suposto amante da raíña

A historiografía portuguesa atribúelle a Andeiro unha relación moi estreita co rei Fernando, pero aínda máis coa raíña Leonor Teles, o que cambiaría a súa visión das alianzas con Portugal, para pasar a apoiar un novo acordo con Castela a través do matrimonio da filla de Fernando e Leonor co rei castelán. Porén, López Carreira pon en dúbida este feito: “Pasa moitas veces, cando un personaxe ascende en contra dos gustos da opinión dominante, sempre se busca atribuírlle un mérito que non sexa político”.

A raíz da posibilidade dun novo achegamento a Castela, e logo da morte de Fernando I, Andeiro converteuse no obxectivo dos opositores e foi asasinado a mans de Joao de Avis, que logo asumiría o trono. “Aí empeza a revolución de 1383, o seu asasinato é a primeira badalada deste levantamento”, sinala López Carreira, “no que se ergueron unha parte da nobreza media e baixa e as burguesías marítimas de Porto e Lisboa, contra un sector máis aristocrático que estaba en conivencia con Castela, onde estaba -que lle imos facer- a nobreza galega”.

A revolución consolidaríase en 1385 coa batalla de Aljubarrota, na que o exército portugués, apoiado por tropas inglesas, derrota definitivamente Castela, reafirmando Joao de Avis no trono (primeiro da súa dinastía) e asentando a independencia portuguesa de Castela.

Un vilán para os portugueses

O historiador portugués Luís Miguel Duarte -que reclama no seu artigo “A nobreza galega en Portugal no século XIV” unha boa biografía de Andeiro- afirma que desde pequenos os lusos aprenden que Andeiro “era un home malo, estranxeiro, que cometía adulterio coa lindísima raíña Leonor Teles”.

Lentamente os historiadores van tentando corrixir esas fábulas, mantén, e defende que combateu ao lado do rei de Portugal e que era unha das “figuras centrais da política portuguesa”. “O reino de Portugal non se portou ben con este galego que o servira con moita eficacia”, afirma.

Máis en Información do Reino
Comentarios