mércores 22.01.2020
A PREMIADA INTERNACIONALMENTE PONTEVEDRA, úNICA CAPITAL EXCLUIDA

A Xunta xa pode mostrar os segundos do vídeo de Enrique Iglesias polos que pagou máis de 320.000 euros

Xa está na rede. O vídeo “Noche y Día” de Enrique Iglesias polo que a Xunta pagou máis de 320.000 euros xa está ao dispor do público. A premiada Pontevedra é a única capital excluída. VÍDEO NO INTERIOR. 

Enrique Iglesias
Enrique Iglesias

Montaxe rápida na que se acumulan planos da muralla de Lugo, a praia das Catedrais, a Cidade da Cultura, a Praza do Obradoiro, a Ponte de Rande ou o canón do Sil conforman a apertura do video-clip da canción de Enrique Iglesias “Noche y Día” que a Xunta apoiou con máis de 320.000. A partir dese inicio, o vídeo transcorre maiormente en interiores cunha máis coidada escenografía e con formato máis cinematográfico. O clip recrea unha rave no interior dun espazo histórico que na secuencia se relaciona coa imaxe anterior do mosteiro de Carboeiro. A premiada internacionalmente Pontevedra é a única capital excluída do vídeo promocional financiado pola Xunta, xusto uns días antes de que o alcalde Miguel Fernández Lores recolla en Dubai o premio Hábitat otorgado pola ONU. 

“Hay calor en la ciudad, hay calor en la bahia, venga nos fuimos de fiesta de noche y de día”, é o retrouso do tema no que “festa” é a palabra que máis se repite. No fin, síntese como en eco un “Enrique Iglesias, la leyenda viviente” mais en ningún momento se escoita referencia a nada que teña que ver co país, a non ser a lenda sobreimpresionada no inicio "Galicia España".


Enrique Iglesias - Noche Y De Dia on MUZU.TV.

comentarios