domingo 27/09/20

Pachi Vázquez valora adiar a consulta á militancia a Setembro para ter a luz verde de Ferraz

Comité Nacional do PSdeG esta sexta feira. Pachi Vázquez estuda elevar a este órgao a proposta de adiar a consulta á militancia ao mes de Setembro para ter a luz verde de Ferraz. O secretario xeral do PSdeG tería xa pactado con Rubalcaba.

Pachi Vázquez na súa intervención
Pachi Vázquez na súa intervención

Despois dun tirapuxas entre Madrid e Santiago, e segundo informa a edición galega de El País, todo apunta cara a un acordo final entre o PSdeG e o PSOE a respeito do proceso eleitoral que debe conducir á elección da nova secretaría xeral do partido en Galiza. O PSdeG podería elixir por votación directa da súa militancia a persoa que o lidere sempre que a consulta á militancia se realice despois de que o comité federal do PSOE do 20 de Xullo a autorice. As primarias galegas serían así en Setembro.

"Sempre que se abren camiños hai dificuldades e hai que ser flexíbeis", explicou Pachi Vázquez. O Comité Nacional do PSdeG no só aprobaría o adiamento da consulta como tamén acordará o regulamento que rexerá o proceso.

A impresión xeral é que o pulso de Pachi Vázquez a Ferraz, que agora viría a saldarse cun acordo, fai parte da estratexia dun secretario xeral do PSdeG que valora seriamente concorrer á reelección, tal e como deixou entrever na súa entrevista con Sermos Galiza.

comentarios