A pesca de baixura galega reivindica 'dignidade' en Camariñas

A flota artesanal volveu mobilizarse na defensa dunha actividade pesqueira e marisqueira sostíbel fronte ás visións das institucións.

Camariñas colleu a última fin de semana de maio o relevo doutras localidades da Costa da Morte -caso de Corcubión- para erguer a bandeira da defensa da pesca de baixura galega, nunha mobilización na que se reivindica a importancia e peso deste sector -pesca artesanal. fronte a outros modelos- pesca industrial- que teñen un impacto non sño ambiental, senón tamén económico e social.

Por volta de 200 mariñeiros procedentes de portos como Fisterra, Muxía, Malpica ou Camelle, netre outros, tomaron parte na marcha desde a lonxa até a Praza do Concello para reivindicar que "O noso futuro é futuro de todos", como rezaba nunha das faixas principais da protesta mariñeira.

Importancia

A pesca artesanal é o principal sector dentro da psca galega, pois é o que máis empregos xera e o que desenvolve a súa actividade, e xera a súa facturación, cun impacto direto no entorno no que se produce.

A mobilización incideu na defensa da pesca artesanal, da pesca sostible, e da necesidade de coidar os recursos para asegurar o futuro. "Unha loita que pretende abrir os ollos da Xunta, do Ministerio de Agricultura, Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e, sobre todo, á Unión Europea, de coidar os nosos recursos e favorecer a pesca artesanal sobre a pesca de arrastre", segundo sinalaban no medio Que pasa na Costa.

Consellaría

Por outra parte, varias campañas marisqueiras perdidas pola alta mortandade do bivalvo, un escenario que se vai repetir neste 2015, esgotaron hai unhas semanas a paciencia do sector do mar de comarcas como a da Ría de Arousa, onde a actividade marisqueira xera 3.100 postos de traballo directos.

Esta motalidade continuada desde hai uns anos e o escaso interese da administración para afrontar o problema poñen as confrarías en pé de guerra. Nunha xuntanza realizadahai unhas semanas, os representantes do sector do mar anunciaron que se consideran “máis que lexitimados” a emprender medidas de protesta “contundentes” e “difíciles de controlar”. José Luis Villanueva, patrón maior da Confraría de Carril, é contundente e responsabiliza a Consellería de Mar de “arruinar” a Ría e de menosprezar “os mariñeiros”. Unhas acusacións que están a ser partilladas tamén por confrarías doutras comarcas do país

Comentarios