El Periódico de Catalunya titula cun "Galiza chora" en galego na capa

O xornal diario "El Periódico de Catalunya" abre a súa capa cun grande titular en galego. Cun "Galiza chora" sobre fondo negro, o xornal mostra a súa solidariedade co noso país.

capa El Periódico
photo_camera capa El Periódico

Un fondo negro e unha nena chorando cun grande titular en galego que mostra o abatemento e a solidariedade. Así é a capa de hoxe do xornal diario "El Periódico de Catalunya" que abre a primeira páxina cun titular na nosa lingua coa fórmula orixinaria de denominación do país. "Galiza chora" é o título sobreimpresionado en negro nun dos xornais que máis sorprende coas súas capas. 

A portada inclúe tamén un crespón sobre un fondo coas cores da bandeira galega, branca e azul. 

O xornal inclúe ampla información sobre a traxedia de Compostela con crónicas de Antón Losada, Manuel Vilaseró e Mayka Navarro. "El Periódico" constrúe nesta ocasión, considerada excepcional, unha dupla capa na que a maior parte está ocupada polo fondo negro da traxedia galega e unha banda inferior coas informacións máis relevantes da xornada. 

Comentarios