Galiza

O pedagogo italiano que inspirou o modelo peonil de Pontevedra di que volve á cidade "para aprender"

O pedagogo italiano que inspirou o modelo peonil de Pontevedra di que volve á cidade "para aprender"

Francesco Tonucci participou nas xornadas "Infancia e cidade" organizadas polo Concello de Pontevedra. A súa obra, Cidade de nenos, inspirou o modelo urbanístico da cidade. Unha obra que sitúa as crianzas no centro do proxecto.

Carme da Silva e Francesco Tonucci. Imaxe Diego Torrado [Pontevedraviva]
photo_camera Carme da Silva e Francesco Tonucci. Imaxe Diego Torrado [Pontevedraviva]

O (re)coñecido psico-pedagogo italiano, Francesco Tonucci, asistiu esta fin de semana ás xornadas Infancia e cidade organizadas polo Concello de Pontevedra. Un encontro en que [email protected] [email protected] en mobilidade partillaron opinións e experiencias a respeito dos novos modelos urbanísticos que, como Pontevedra, procuran mellorar a calidade de vida das persoas.

Neste senso, o rexedor pontevedrés, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que o deseño da cidade que goberna estivo inspirado na obra La citta dei bambini --Cidade de nenos, en galego-- escrita por Tonucci e na que sitúa as crianzas no centro do modelo urbanístico da vida urbana. 

"Hai dez anos pasei por Pontevedra para propor algo", asegurou o pedadogo mentres camiñaba polas rúas da cidade acompañado da concelleira Carme da Silva (BNG), "hoxe volvo para aprender" acrecentou. Francesco Tonucci indicou que Pontevedra se converteu nunha das "cidade líder para que este proxecto se poida levar á práctica". Arredor de 300 persoas puideron escoitar no Teatro Principal ao psico-pedagogo que xunto con Fernández Lores explicou cales son os principais trazos en que se asenta este modelo de cidade.

Tonucci avoga porque as crianzas poidan dirixirse de maneira autónoma á escola xa que "a liberdade lles permite ser responsábeis", afirma. Así, fronte a seguridade e o control que tenden a exixir @s [email protected] Francesco Tonucci defende que as institucións públicas e os poderes políticos "escoiten as crianzas" que demandan, dixo, "autonomía e liberdade" pois "as rúas", afirmou, só "son perigosas cando non hai nenos". 

Pontevedra e Carballo xa puxeron a andar esta iniciativa con grandes resultados.

Máis en Galiza
comentarios