Pachi Vázquez: “Nos próximos 20 días decidirei se me apresento como candidato”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, está a pensar moi seriamente en concorrer á relección. En conversa con Sermos Galiza, o político de O Carballiño afirma: “Nos próximos 20 días decidirei se me presento como candidato”.

Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG [Imaxe: Riobó Prada]
photo_camera Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG [Imaxe: Riobó Prada]

Adoptará a decisión após ver como reaxe a militancia. “Farei o que eles queiran que faga”, di o dirixente socialdemócrata. Acha que o PsdeG precisa “un revulsivo que reactive a militancia” e confía en que o sistema de consulta á militancia que promove, e que foi contestado por outros dirixentes, sirva para relanzar o partido.

Pachi Vázquez dá por suposto que no proceso para a elección da nova secretaría xeral concorrerán até 3 candidat@s. "Parece que hai tres xa...", di ao facérselle a observación de que até o de agora só se formalizou unha das candidaturas, a de Besteiro.

Na charla, Pachi Vázquez debúllase sobre outros asuntos, desde a aspiración do PSdeG a liderar a alternativa de esquerda que a seu xuízo precisa Gailza até o dereito a dedidir dos pobos.

A este último respeito, Pachi Vázquez defende o criterio de que nun Estado unitario como o español o titular último do dereito a decidir non son os pobos que o conforman, senón o propio Estado, isto é, tod@s @s cidadáns españois.

A íntegra da entrevista tédela ao voso dispor no número 42 en papel de Sermos Galiza, xa nos vosos quiosques.

 

Comentarios