Galiza exixe na rúa a fin dos recortes e dos ataques do goberno do PP contra a maioría social

Cidades e vilas do país acolleron concentracións e mobilizacións convocadas pola Alianza Social Galega para rexeitaren as políticas antisociais do PP e demandaren "outra saída" da crise que non pase por recortes e medidas contrarias a dereitos e conquistas da maioría social
ASG

Millares de galeg@s secundaron a convocatoria feita polos sindicatos e as máis de 60 entidades que conforman a Alianza Socia Galega (ASG) para demandaren "outra saída á crise" que non pase polos recortes en servizos públicos, o ataque a dereitos e conquistas laborais e sociais e as medidas que non impliquen o emprobrecemento paulatino de grandes capas de poboación. Con estas mobilizacións quíxose denunciar as políticas antisociais que está a adoptar o goberno do PP.

Medidas como a revalorización das pensións, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representan a LOMCE ou Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estaba a exixencia de reformar da normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.

Malia o mal tempo, a afluencia foi notábel en parte destas concentracións, inseridas nunha liña de rexeitamento e denuncia dunhas políticas feitas "sen ter en conta nin a voz do pobo nin os seus intereses"

Comentarios