BENIGNO

O Valedor difunde unha entrevista a Benigno López : “A atención a dependentes debería ser máis dinámica"

Tras a polémica por se amosar partidario dunha suspensión da Lei de Dependencia, o Valedor afirma agora nesa entrevista a "Entre mayores" que hai que dar máis e mellores atencións e prestacións ás persoas dependentes
Benigno López
photo_camera Benigno López

Aínda co eco da polémica xerada a semana pasada por Benigno López ao defender os recortes da Xunta e goberno central e avogar pola suspensión da Lei da Dedependencia, a institución que preside, Valedor do Pobo, vén de facer pública unha entrevista na revista “Entre mayores” en que o propio López afirma agora que:"A atención ás persoas dependentes debería ser tratada de maneira moito máis dinámica, incluíndo avaliacións para a concesión de prestacións case inmediata”.

Unhas manifestacións que contrastan coas feitas hai uns días e que provocaron a dimisión da vicevaledora segunda e a reprobación dun amplo abano de colectivos e entidades sociais e cidadáns, así como da oposición parlamentaria. O feito de que o propio Valedor difunda agora a través das redes sociais unha entrevista en que avoga por mellores prestacións para as persoas dependentes non deixa de xerar certa sorpresa.

López mesmo sinala nesa entrevista en "Entre mayores" que o alto grao de envellecemento da poboación galega conleva a obriga de que se fagan os esforzos necesarios para a atender "como precisa".

Comentarios