25.000 dependentes non cobran prestación na Galiza malia teren recoñecido o dereito

Un total de 60.758 persoas están recoñecidas como beneficiarias con dereito a prestación, mais só 35.807 perciben o servizo ou axuda

Un total de 24.951 dependentes na Galiza teñen recoñecida a súa condición de dependencia mais non cobran a súa prestación nin reciben o servizo asignado. No conxunto do Estado atópanse nesta situación 275.300 persoas. No caso galego, segundo os datos recabados por unha axencia de noticias española, un total de 60.758 persoas están recoñecidas como beneficiarias con dereito a prestación, porén só perciben o servizo ou axuda 35.807 delas.

A 1 de maio de 2012, hai 90.332 solicitudes rexistradas na Galiza, mentres que esta cifra ascende a 1.625.942 no conxunto do Estado. Na Galiza, as persoas dependentes reciben 1,09 prestacións, por baixo da media estatal, que está en 1,24.

Comentarios