O PP deixará de gobernar o Valadouro despois de 25 anos

PSOE, ADIVAL e BNG presentaron unha moción de censura que rematará con 25 anos de alcaldía do PP.  O PSOE asumirá  alcaldía e UDIVAL a tenencia de alcaldía mentres o BNG se manterá fóra do novo goberno. 

Concello do Valdadouro
photo_camera Concello do Valdadouro

O mapa político do Valadouro cambiará en canto se aprobe a moción de censura presentada no concello por PSOE, UDIVAL e BNG. A moción rexístrase despois do alcalde presentar unha moción de confianza sen contar co apoio de ningún grupo da oposición. 

O PSOE asumirá a alcaldía do concello mentres UDIVAL a tenencia de alcaldía. O BNG decidiu quedar fóra do goberno local aínda que xa afirmou que vai facilitar a investidura do novo goberno. 

O alcalde popular José Manuel Lamela perderá unha alcaldía que estaba nas mans do PP desde hai 25 anos. As tres forzas que sumarán votos para desbancar ao alcalde popular destacaron entre as razóns de teren presentado a moción de censura a parálise do goberno local, a incapacidade para acadar as promesas os compromisos adquiridos polo PP e, en definitiva, a ingobernabilidade do municipio. Entre outras cousas, sinalan que o PP non deu aprobado uns novos orzamentos e funciona cos prorrogados desde 2009 ou o incumprimento dos compromisos en relación co polígono industrial. 

O socialista Edmundo Maseda está proposto como novo alcalde despois da moción mentres que Mª José Fernández será a tenente de alcalde por UDIVAL. O nacionalista Eduardo Chao asina a moción e apoiará a investidura mais non entrará a formar parte do goberno municipal. 

Comentarios