O NPC constituirase como organización política o 14 de xullo

O Novo Proxecto Común formalizará a súa constitución como organización política o día 14 de xullo. Así quedou fixado na xuntanza da Coordinadora Provisional de Asembleas Locais e Comarcais que desenvolveron en Teo.

Na xuntanza de Teo, os promotores do NPC fixeron un chamamento a aquelas persoas do nacionalismo galego que queiran contribuir á “construción do novo referente” político. Polo de agora, Máis Galiza, Ecogal e Acción Galega toman parte de Compromiso por Galiza.

 A primeira xuntanza de asambleas locais e comarcais tivo lugar o pasado 2 de xuño tamén en Teo constituíndose hoxe como coordinadora nunha xuntanza na que anunciaron a data da asemblea de constitución como organización política.

Comentarios