O ICANN aproba o .gal, o dominio da cultura e da lingua de Galiza

O ICANN aprobou esta sexta feira o .gal, o dominio da cultura e da lingua de Galiza, segundo vén de informar a Asociación Punto Gal.

Asociación Punto Gal
photo_camera Asociación Punto Gal

O .gal xa é unha realidade. O dominio ambicionado pola comunidade internética galega para identificar a cultura e a lingua de Galiza materializouse hoxe após ter superado o último trámite, o da súa aprobación por parte do organismo internacional ICANN.

Falta aínda por conseguir o dominio xeográfico e político que identifique a nación como tal: o .gz

Este sábado vai comparecer en conferencia de imprensa para fornecer máis detalles sobre este asunto o presidente da Asociación Punto Gal, Manuel González. O traballo desta entidade ten sido chave para a consecución deste importante logro.

Porén, e como a propria Asociación Punto Gal remarca no seu web, a conquista do .gal non colma todos os obxectivos de Galiza na rede. Falta aínda por conseguir o dominio xeográfico e político que identifique a nación como tal: o .gz. Esta identificación está reservada aos Estados recoñecidos formalmente como tais.

Comentarios