Unha manifestación apoia a folga de fame polo emprego en Povisa

Esta sexta feira, unha manifestación en Vigo defenderá os postos de traballo en Povisa e apoiará a folga de fame que tres traballadores e traballadoras manteñen desde hai catro días. 

Folga de fame en Povisa
photo_camera Folga de fame en Povisa

Dúas traballadoras e un traballador de Povisa permanecen en folga de fame para reclamar a readmisión de trece compañeir@s do centro. Esta sexta feira, unha manifestación percorrerá varias rúas da cidade de Vigo para mostrar a solidariedade cos folguistas e en sinal de protesta polos despedimentos. 

CIG, SGPS, UGT e CGT convocan a manifestación á que non se sumou nin CCOO, nin OMEGA nin dous independentes, do total do comité de empresa. A campaña de apoio ás mobilizacións continúa a sumar iniciativas como unha recollida de sinaturas que se iniciou a terza feira e que xa sube das 500 adherentes. Segundo sinalaron, as mobilizacións continuarán desenvolvéndose até que Povisa retire os despedimentos. O comité de empresa demanda tamén a intervención do Sergas e da Consellaría de Sanidade no conflito. 

Comentarios