En Galiza as greves aumentaron nun 64% entrementres no conxunto do estado caeron nun 2 por cento

Na Galiza rexistráronse 64 folgas nos nove primeiros meses de 2012, un aumento de perto do 40% a respeito do mesmo período do ano pasado. Os paros foron secundados pola volta de 11.000 traballadores e traballadoras
Folga no Hostal dos Reis Católicos
photo_camera Folga no Hostal dos Reis Católicos

Núñez Feijóo chamou @s galeg@s a tomar exemplo dos avós, que seica, segundo a afirmación do presidente da Xunta, "traballaban máis e laiábanse menos". Mais os propios datos do ministerio de Empleo español apuntan que @s galeg@s non están por seguir a recomendación de Feijóo canto a ficaren caladiñ@s. Na Galiza rexistráronse entre xaneiro e setembro un total de 64 folgas, o que supón un incremento do 39 por certo en comparación co mesmo período do exercicio anterior, 2011.

O aumento do número de paros e folgas na Galiza contrasta co descenso destas no conxunto do Estado español (557), onde descenderon nun 2%. Iso si, nesas folgas tomaron parte máis traballadores e traballadoras.

As xornadas non traballadas foron máis de 16.500, o que supón que se incrementaron nun 48%

Implicación

Nas 64 folgas que tiveron lugar en Galiza participaron pola volta de 11.000 traballador@s. E as xornadas non traballadas foron máis de 16.500, o que supón que se incrementaron nun 48%.

Os datos do ministerio no nivel estatal amosan que a inmensa maioría das folgas e paros (97 por cento) foron de empresa, entrementres aquelas que atinxen un sector produtivo foron o dous por cento.

Resposta

O amento da conflitividade laboral vai parella, como sinalaron os sindicatos e axentes sociais e políticos, aos efeitos e consecuencias dunha crise que está a bater con dureza n@s asalariad@s, para alén doutros sectores. Neste sentido, cómpre lembrar que en Galiza, entre xaneiro e agosto houbo na Galiza 1.684 expedientes de regulación de emprego comunicados ou autorizados, o que supón un aumento do 82% a respecto do mesmo período de 2011.

Un total de 72.443 galeg@s víronse afectad@s por un expediente de regulación de emprego (ERE) entre 2009 e a actualidade. Neste mesmo período o número de EREs presentados ou autorizados foi de 4.887, un 30% dos cales corresponden aos sete primeiros meses de 2012. Un dato que exemplifica os efectos da última reforma laboral, propulsada polo goberno de Mariano Rajoy.


Comentarios