sábado 04.07.2020
NA úLTIMA DéCADA

Galiza perde o 4% dos seus investigadores en I+D mentres en España aumentan nun 23%

En 2013 había 233 investigadores menos no noso país que en 2004, cando eran 5.630 as persoas en Investigación e Desenvolvemento. No Estado español pasaron de ser 100.994 hai dez anos a 123.225 en 2013.

 Galiza perde o 4% dos investigadores en I+D mentres en España aumentan nun 23%

Un dos indicadores da situación do I+D t(investigación e Desenvolvemento) é o que proprocionan os seus recursos humanos, onde cabe distinguir principalmente entre o persoal e os investigadores. O persoal que realiza este tipo de actividades en Galiza foi en 2013 de 9.386 persoas, segundo o recente Informe de Coxuntura do Foro Económico de Galiza. No que atinxe ao número de persoas que desenvolven de xeito específico actividades de investigación foi en 2013 de 5.397 persoas, un descenso do 4,2% a respeito das persoas que se adicaban á investigación en 2004, canmdo eran 5.630. En paralelo e nese mesmo período o comportamento do Estado español foi o contrario, pasando de ser 100.994 (2004) a 123.225 en 2013, un aumento de máis do 23 por cento.

Os distintos indicadores dispoñíbeis da investigación e innovación en Galiza dan conta “dunha febleza no que se refire á súa relevancia económica e aos seus recursos humanos”, tal e como sinala o Foro. As comparacións estatais da I+D galega sitúana en porcentaxes por baixo do 5%, “o cal vén a contrastar coa súa relevancia tanto demográfica como económica”. 

Mingua constante

Galiza leva anos a ver como mingua a súa aposta pola Investigación, o desenvolvemento e a innovación. Os dados de 2013 sinalan que o gasto neste apartado apenas supuxo o 0,85% do Produto Interior Bruto (PIB), un recorte a respecto do ano anterior, que fora de 0,88%. Ese 0,85% supón que o noso país fica por baixo da media estatal (que anda por volta do 1,3% do PIB) e moi afastada da media da Unión Europea, onde esa aposta supón case máis do 2,1 por cento do PIB. Cómpre lembrar que no plan estratéxico deseñado pola Consellería de Facenda para Galiza sitúa como horizonte en 2020 un investimento do 3%.

Galiza perde o 4% dos seus investigadores en I+D mentres en España aumentan nun 23%
comentarios