O exército español cobra da Xunta perto de 600.000 euros por axudar a apagar lumes

É un 4 % máis que en 2013. A conselleira e Medio Rural defende o convenio porque é “importantisimo” para Galiza.

Exército nos montes galegos
photo_camera Exército nos montes galegos

Nos montes galegos xa hai despregadas 25 patrullas terrestres do Exército español, ás que hai que sumar os denominados ‘equipos de mantemento móbil’, coa misión de “disuadir posíbeis incendiarios” e facer tarfas de “prevención de incendios”. Esta cifra pode aumentar até 75 patrullas (e dous helicópteros) se a situación o requer, indican desde a Xunta.

Este despregamento é custeado pola Xunta de Galiza, que só neste 2014 pagará 575.000 euros ao exército español, un 4 por cento máis que no ano pasado.

A conselleira Rosa Quintana defendeu este convenio co exército por ser “importantísimo” e resaltou que “funciona extraordinariamente ben”. O director xeral de Política de Defensa , o almirante Francisco Martínez, dixo estar “moi satisfeito” de colaborar con Galiza, territorio que, engadiu, “sofre moito cos incendios”.

Comentarios