Galiza tributa por volta de 10.000 millóns de euros e percebe 7.000

Entre a cantidade que o Estado español recada en Galiza e o que inviste hai unha fenda de por volta de 3.000 millóns de euros anuais. Un dado pouco coñecido porque, sosteñen economistas como Xosé Díaz, rachan o estereotipo de país subsidiado.

goberno españaconsello ministros estado españa

Galiza achega cada ano en tributos ao Estado español por volta de 3.000 millóns de euros máis dos que recibe. O pequeno recuncho do 'noroeste español', que segundo a propaganda sobrevive grazas á xenerosidade do goberno central, é un fornecedor de recursos financeiros e fiscais para España. "Se botas as contas ben, Galiza non é, como nos queren facer ver, un territorio que vive grazas á 'solidaridad del resto de España' porque nós non damos por nós propios", afirma o asesor económico Andrés García. 

Hai unhas contas oficiais e outras contas reais sobre as balanzas fiscais e fluxos económicos ente Galiza e España. Nas primeiras, advirte o economista Xosé Díaz, o noso país achega o papel de simple 'recibidor' de cartos e fondos da graneira central. No segundo, o real, Galiza é un país no que os seus habitantes fornecen de moitos máis cartos ao Estado español dos que reciben

Información completa no Sermos Galiza nº 91

Comentarios