A despedida galega a #Mandela

A morte de Nelson Mandela sacudiu esta quinta á noite o mundo. De inmediato, as mensaxes comezaron a cruzarse a grande velocidade e a rede inzouse de pésames, homenaxes e lembranzas. Buscamos o 46664 na rede galega. 

Nelson Mandela
photo_camera Nelson Mandela

Pode ser que Nelson Mandela fose, a tal altura, o líder político, o heroe de loitas, máis respectado no planeta. Tamén o máis querido. A rede galega fíxose eco da homenaxe a Maldiba e capturamos algúns dos chíos que se manifestaron en galego o sentimento pola morte de Mandela. 

@loureiro

Loan a loita de Mandela aqueles que colocan coitelas nos valados de Ceuta e Melilla. Falan cando representan o que Madiba combateu #noxo

@marioregueira  46664

@Aure_Lopes Morre Nelson Mandela. De 'terrorista' que empregaba a violencia, a patriota coa fin do apartheid. A diferenza entre perder e ganhar...

@Cascarelo 
Mandela foi um advogado que soubo ver que às vezes a toga fica curta para defender os direitos e às vezes compensa vestir o pijama a raias.

@xico_de_nelhe 
Morreu #NelsonMandela. O amigo de Fidel Castro. O amigo de Gadafi. O amigo dos pobos.

@Tawil Fico mui tolo a imaginar o Obama a ler os discursos de Madiba em Harlem defendendo os activitas de Puerto Rico em 1954

@carlosmoraisgz 
Honra e glória o herói, o resistente, o símbolo da coerência na luita.
#Mandela vive!
Nem um minuto de silêncio, toda umha vida de combate!

@LediciaCostas 
Outro bo e xeneroso que marcha. #Mandela

@hugo_guezeta 
Obama que #Mandela non é dos teus #Mandela é de Fidel, de Malcom X e da verdadeira loita pola xustiza social, non de bombardeos con drones..

@DbyCampos 
Xente que despotrica contra os negros do conurbano e que hoxe non cansa de pegar fotos de #Mandela. E non, non lles parece hipócrita...

@antoncascudo 
#Mandela era un extraterrestre, seres humanos así xa non existen

@Margatojo 
"A pobreza non é natural, é creada polo ser humano e pode erradicarse. Erradicala non é un acto de caridade, senón de xustiza" #Mandela

@PenaPresas 
@s que amamos a liberdade estamos xa un pouco máis s@s #Mandela

@quiquedelrio 
A Mandela pásalle como a Castelao, "os que o tiñan desterrado agora falan ben del". Dentro de pouco veremos peperos con camisolas do Ché!

@RamiroVidal
As familias reais europeias doem-se da morte de Mandela. Mas na Africa colonial nom havia igualdade racial, pois nom?

@Cascarelo 
Se nom fosse por Mandela, Espanha nom ganharia o Mundial de 2010 e Shakira nom cantaria o Waka Waka.

@denisfmendez 
Por veces queren que esquezamos que Mandela foi detido ao mercar armas para loitar contra os opresores brancos. Facía ben. 

@Domi_Brion 
Nelson Mandela: non é valente o que non ten medo senón o que sabe conquistalo

@xcampos_ribadeo
Mandela, bo e xeneroso. Na lembranza sempre. 

@paulopadin 
Ainda que @marianorajoy não o sabe, Nelson Mandela foi um socialista condenado por terrorismo.

@mxporteiro 
Mandela dixo: Unha boa cabeza e un bó corazón son sempre unha combinación formidable

@carmefiano 
Agora:" Referente moral imprescindible". Antes: terrorista e 27 anos na cadea. 

@feminismogaliza 
Morreu Nelson Mandela http://www.jn.pt/Dossies/dossie.aspx?content_id=1769240 … vía @sharethis. Na luita sempre por umha Surafrica Livre e Nom Patriarcal

@Cascarelo
Mandela foi um advogado que soubo ver que às vezes a toga fica curta para defender os direitos e às vezes compensa vestir o pijama a raias.

@renatonunhes
Se Mandela nacera no Estado Español seguiría preso por obra e graza da doutrina Parrot. 

@xosemarcote 
Mandela, de terrorista a heroe. Lembrade a súa loita cando pensedes que non se poden mudar as cousas.

@Onosolar 
Adeus Nelson Mandela!
Viviu na loita pola igualdade.
#Grazas

@MargaRomero
Falaremos de Mandela, fillo.

@calveiro 
Nas enormes meniñas dos que esgazan as mans e pés nas coitelas do PP aniña o soño de igualdade e dun mundo mellor de Mandela

@susobermello 
Umkhonto we Sizwe (Lanza da Nación). Haberá moitos artigos nos que non se oculte a completa realidade de Mandela? 

@filipediez
Fica para sempre o teu exemplo, Nelson Mandela. Que a terra che seja leve.

@xcampos_ribadeo 
Foise un dos bos e xenerosos, Nelson Mandela. Facemos nosas todas as súas bandeiras.

@Rafiklalin 
46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 46664 
#grazas

Comentarios