CxG aproba unha listaxe de sete candidat@s para as europeas

Sete candidat@s presentará Compromiso por Galiza para as eleccións europeas ás que concorre nunha listaxe de coligación integrada por CIU, PNV e CC. O Consello Político Nacional aprobou por unanimidade a candidatura encabezada por Paulo Carlos López, elixido en primarias abertas. 

paulocarlos
photo_camera paulocarlos

Por unanimidade, o Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia, en reunión extraordinaria, aprobou os nomes das persoas que integrarán a candidatura coa que concorrerán ás eleccións europeas. Despois de que os resultados das primarias abertas á cidadanía situaran na cabeza ao xornalista e politólogo Paulo Carlos López, CxG completa agora a súa opción a Europa cos nomes de Óscar Carballo Iglesias, Inma López Silva ,  Teba Conde Herrezuelo, Victor Álvarez Arias, María Xosé Alfonso Torres e Andrés Núñez Rajoy

CxG concorre aos comicios europeos nunha coligación que estará liderada polo PNV e CIU e na que tamén se integrou Coalición Canaria. Paulo Carlos López ocupará o quinto lugar nesta candidatura que estará encabezada polo CDC, cun segundo posto para PNV, un terceiro para Unió e o cuarto para CC. 

Para o cabeza da lista de CxG, Paulo Carlos López “a candidatura é representativa, territorial e profesionalmente, da Galicia viva que queremos proxectar e defender” nun ámbito como o europeo que, segundo engadiu “toca cada vez máis de preto ás condicións de vida dos galegos e das galegas”. 

Comentarios