Comeza a recollida de sinaturas cara unha ILP pola redución, reutilización e reciclaxe de residuos.

A comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza botou a andar a campaña de recollida de sinaturas para o seu debate no parlamento. A iniciativa ten como fin concienciar da urxencia

Os obxectivos fixados na Lei de Residuos de Galiza máis na Directiva europea sobre resituos estanse a incumprir na Galiza onde a Xunta aprobou en xaneiro o “Plan de xestión de residuos urbanos” 2010-2020 que destina á prevención de residuos unicamente un 2,2, % do orzamento total, fronte ao obxectivo de redución do 10% dos residuos xerados.

Os datos que o Plan recolle non son alentadores xa que só dedica un 18,1% á prevención, educación, recollida selectiva e outras actividades de reutilización e reciclase fronte ao mínimo contemplado nas normativas aprobadas do 50% de reutilización. Un 24% destínanse, pola contra, a unha nova planta incineradora para a eliminación da reciclaxe.

“Transcorridos máis de tres anos de vixencia da Lei e da Directiva de 2008, non se adoptaron aínda medidas efectivas de prevención, recollida selectiva, reciclaxe e compostaxe. Mentres, a Xunta está a favorecer outras opcións menos prioritarias e altamente impactantes, como os continuos recrecementos do vertedoiro da Areosa e a instalación dunha nova incineradora no sur de Galicia, incompatíbel co obxectivo de redución do 10% e reutilización e reciclado do 50% dos residuos domésticos”, explican desde Adega, entidade integrada na comisión promotora para a ILP. A incineración é, segundo os datos que manexan, a opción máis custosa e a que menos empregos xenera.

Comentarios