A CIG-Ensino demanda á Consellaría de Educación que convoque concurso de traslados

Diante das dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que ratifican o baremo aplicado pola Consellaría de Educación no concurso de traslados do 2013, a CIG-Ensino esixe que se retome a posibilidade dunha nova convocatoria. 

Anxo Louzao
photo_camera Anxo Louzao

As sentenzas do TSXG confirman, segundo a CIG-Ensino, que a consellaría non iña motivos para non convocar concurso de traslados neste 2014 polo que reclama unha nova convocatoria xa que, de non facelo estaráselle “impedindo ao profesorado a súa mobilidade”. 

Perante as sentenzas que confirman as adxudicacións feitas en abril de 2014 para o concurso do ano anterior emitidas polo TSXG, a CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector defende que este conflito teríase evitado se a Consellaría de Educación “tivera actuado de maneira diferente e non indo máis alá de recoñecer os servizos prestados ao profesorado interino como antigüidade no corpo máis non tamén como provisionais, posición que defendeu a CIG-Ensino”. 

A posición defendida polo sindicato nacionalista do ensino optaba porque a puntuación de provisionalidade tería que “ir asociada exclusivamente á condición de funcionario/a de carreira, téndose só en conta para esta situación administrativa”. A situación na que agora se atopa o conflito indica, para o sindicato nacionalista, que as sentenza confirman que a Consellaría non tiña motivo algún para non convocar o concurso de traslados do 2014 polo que reclama unha nova convocatoria co fin de que o colectivo de ensinantes non se vexa prexudicado pola situación”. 

Comentarios