Carta do Consello de Administración de Sermos Galiza

Sermos-Galiza675px_640x220_scaled_cropp


Amigas

Amigos

Sermos Galiza é o resultado dun grande esforzo colectivo que ten como horizonte dotármonos dun medio de comunicación capaz de conciliar o rigor, a veracidade e a pluralidade, refugando falsas neutralidades e sen permanecermos alleos á realidade social.

Sermos Galiza non depende nin está participado por ningún grande grupo empresarial. De aí que a túa achega sexa crucial para consolidar este proxecto

Ese é un dos principais compromisos de Sermos Galiza. Compromiso que queremos seguir mantendo durante o ano 2014 coas persoas que, nun promedio de 500.000 páxinas vistas ao mes, acoden ao xornal dixital na procura de información; coas preto de 20.000 persoas a nos seguir nas redes sociais; coas máis de 900 persoas accionistas que aportaron a base económica deste proxecto; con quen accede a algunha das 3.000 copias do semanario repartidas por todos os puntos de venda de prensa da Galiza; cos asinantes do papel ou da versión en PDF a través dunha tenda propia con máis de 15.000 visitantes por mes; coa totalidade de entidades anunciantes que confían na capacidade de Sermos Galiza; co conxunto de colaboradores e colaboradoras que manteñen vivo o interese polo medio; coas persoas que fan posíbel que día a día, semana a semana, Sermos Galiza se vaia configurando como un elemento imprescindíbel para satisfacer o noso dereito á información.

Facernos visíbeis é un dos nosos obxectivos principais. Para iso pedímosche que fales de nós, que deas a coñecer o medio

Non é fácil manter ese compromiso. Por iso, e para iso, seguimos apelando á túa colaboración. Facémolo a través da campaña AMÍGATE CON SERMOS. Porque Sermos Galiza non depende nin está participado por ningún grande grupo empresarial. De aí que a túa achega sexa crucial para consolidar este proxecto. Sermos Galiza precisa de ti para seguir a ofrecer información sen darlle as costas á realidade social na que se desenvolve.

Pedimos o teu apoio, sen complexos nin ambigüidades, na certeza de que podemos contar con el. Facernos visíbeis é un dos nosos obxectivos principais. Para iso pedímosche que fales de nós, que deas a coñecer o medio, só deste xeito teremos máis relevancia social e máis posibilidades de nos consolidar.

Mais tamén precisamos da túa colaboración económica. Non seríamos francos se dixermos o contrario.

Como se pode facer efectiva? De varias maneiras.

1. FACÉNDOTE ASINANTE

Para un proxecto como Sermos Galiza é básico conseguir asinantes que sigan facendo viábel o medio. Pódeste facer asinante do xornal de dúas maneiras:

1.- Subscrición ao papel. Recíbelo na casa por 155 euros anuais, que podes fraccionar en prazos bimensuais (de só 25,83€), se o solicitas no correo [email protected]

2.- Tamén podes contribuír sendo asinante dixital, recibindo recén editado o semanario en formato electrónico. Nese caso a subscrición custa 99 euros e terás a garantía de ser das primeiras persoas en ver o Sermos da semana.

2. MERCÁNDOO!

Se non te podes subscribir lembra que nos quiosques existe un xornal galego e en galego – O ÚNICO- onde poderás atopar lecturas actuais do que acontece aquí e máis alá. O prezo en quiosque é de 3,50 e a súa versión dixital 1,99 euros. Mércao unha vez ao mes, dúas … as que poidas!

3.FACÉNDOTE ACCIONISTA!

Podes facer aportacións de 100 euros e mercar accións do medio contribuíndo deste xeito á ampliación do capital social. Serás parte da historia dos medios deste país.

Para iso so terás que facer un ingreso, como mínimo de 100 euros (1 acción ), na conta 2080-0319-69-3040016966 e enviar un correo electrónico cos teus datos a [email protected] Tamén podes comprar as accións directamente na nosa loxa de Sermos Galiza e aproveitar, xa que estás, para explorar os artigos que se che ofrecen, música, artesanía, libros, etc.

4. APORTANDO DESDE 5 €.

A ninguén se lle escapa que son tempos complexos para todos/as. Mais cómpre seguir medrando para facermos do noso proxecto unha realidade aínda máis sólida. Para iso podes facer as túas doazóns a través da loxa de Sermos Galiza.

Amígate con Sermos Galiza pois consolidar un medio en galego tamén depende de ti. Que o 2014 sexa favorábel para ti, para Sermos e para a Galiza toda.

Consello de Administración de Sermos Galiza