Aymerich formaliza a renuncia ao seu escano

Carlos Aymerich presentou esta mañá no rexisto do Parlamento o escrito de renuncia ao seu escano, obtido nas galegas de Outubro ao encabezar a listaxe do BNG pola provincia de Pontevedra.

Após 8 anos na Cámara galega -precedidos dunha lexislatura no Congreso dos Deputados- Aymerich volta ás aulas na faculdade de Dereito da Universidade da Coruña.

Coa renuncia ao seu escano, anunciada xa a pasada semana, o líder de Abrente patentiza a súa discrepancia coa liña política adoptada pola XIV Asemblea Nacional do BNG.

Na Asemblea, realizada esta fin de semana en Santiago, ficou en evidencia que as posicións que defende Aymerich son moi minoritarias neste momento no seo da organización frentista.

En conversas con xornalistas, Aymerich reafirmou o seu compromiso -e o do seu colectivo- co BNG.

Comentarios