A AS-PG enfatiza que "non está vinculada con ningún grupo político"

Nun comunicado publicado esta cuarta feira no seu web, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) contesta as acusacións do PP de Lugo e nega que a entidade teña afinidade con ningún grupo político.


A AS-PG sae ao paso das acusacións verquidas polo PP de Lugo. Através dun comunicado pendurado no seu web, a entidade aclara que todas as actividades programadas en base ás partidas obxecto de convenio se desenvolveron na provincia de Lugo e que todas as facturas foron validadas polos servizos de intervención da propia Deputación.

Postos en contacto coa entidade, a AS-PG índicanos que non van facer máis declaracións que as que figuran neste texto distribuido xa a todas as persoas asociadas, centros educativos e subscritores do seu boletín dixital.

Engaden que tamén se vai remitir ás entidades públicas e privadas coas que a AS-PG ten desenvolto algunha iniciativa ou mantido colaboracións e que se dirixirán por carta ao grupo do PP na Deputación de Lugo para o convidar a unha reunión na Coruña co fin de lles poder presentar o traballo realizado pola AS-PG e presentar outros proxectos e iniciativas.

Comentarios