Apresentación de Sermos Galiza esta sexta en Pontedeume

O acto é ás 19:00 horas desta sexta na Casa da Cultura. O acto está organizado polo colectivo Terra e o Ateneo Eumés


 

Sermos Galiza mantén a súa liña de apresentación en cidades e vilas do país, nunha aposta polo contacto directo e persoal con todos aqueles e aquelas interesados en ter, participar e partillar dun medio de comunicación desde e para Galiza.

Desta volta a cita é en Pontedeume. Esta sexta feira ás 19:00 horas na Casa da Cultura desta fermosa vila do norte do país. O acto está organizado polo colectivo Terra e polo Ateneo Eumés. No mesmo, intervirán Xoán Costa, conselleiro delegado de Sermos; e Xurxo Souto, membro do consello de administración

Comentarios