Cinco anos de sinistralidade laboral na Galiza: 268 mort@s e 2.403 ferid@s graves

A media desde 2010 aponta a que cada semana falece unha persoa en accidente de traballo e 10 sofren feridas graves.

sinistralidade laboral
photo_camera sinistralidade laboral

Un informe de UGT informaba esta hai uns días que Galiza era o territorio do Estado onde se rexistraban maior número de accidentes laborais con resultado de morte, cunha media que duplicaba a estatal. Entre xaneiro e xuño falecían no noso país 29 persoas. Nese mesmo periodo houbo 168 traballadores e traballadoras que resultaron feridas de carácter grave. Unha lista que segue a aumentar. Esta semana falecía un operario en Arteixo.

Son dados a sumar aos que todos os anos evidencian a sinistralidade laboral que existe en Galiza. Nestes últimos cinco anos, de 2010 a 2104, morreron no noso país 268 traballadores, unha media de un por semana. Aliás, o número de accidentes de carácter grave foi de 2.403, o que supón dez por semana, máis dun por día.

Renuncia da Xunta a loitar contra a sinistralidade laboral

Os recortes e a austeridade dos gobernos coa desculpa da crise non axudan precisamente a revertar a situación. Mais os accidentes laborais non son exclusivos da época de crise. Tamén cando Galiza e Europa vivía 'en auxe' había sinistralidade. Mais coa crise, como denuncian os sindicatos, conflúen dous escenarios: o anteriormente mencionado de recortes en políticas e programas de prevención, por un lado.   Xa a finais de 2012 CIG, CCOO e UGT, alertando dos recortes nas partidas de prevención ou mesmo a mingua de autonomía e competencias de organismos adicados a traballar neste eido. Estes recortes provocaron, só na Galiza e en 2011, unha mingua de sete millóns de euros para loitar contra os accidentes no traballo

E, por outro nlabo, a suma de precariedade e temporalidade que vai da man da crise. "As condicións de traballo deixan de importar por mor da necesidade de ter traballo. O que importa é traballar, como sexa e onde sexa". 

Comentarios