AGE adhire o Pacto contra a Pobreza: "Cada galeg@ achega 1,5 euros ao ano para cooperación no desenvolvemento. É insuficiente"

Impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD, o pacto compromete a manter un esforzo en axuda ao desenvolvemento que garanta que, antes do remate do 2017, cando menos o 0,7 por cento do orzamento consolidado da Xunta se adique á erradicación da pobreza

AGE

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) asinou o Pacto Galego contra a Pobreza impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD. O voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, denunciou “actitude hipócrita” do PP xa que, malia ter asinado hai xa case tres anos este pacto, “na práctica o camiño que están a seguir desde entón vai na dirección radicalmente oposta ao que persegue”, aplicando políticas de recortes que, no caso da cooperación ao desenvolvemento, deixan case inexistentes as partidas orzamentarias destinadas a este fin, "cunha redución dun 64 por cento desde 2009, chegando ao 2013 cun mísero 0,05 por cento de asignación orzamentaria".

“Desde que chegou o señor Núñez Feijoo á Presidencia da Xunta non só non se están a cumprir os compromisos incluídos neste pacto senón que o descenso de fondos é cada vez máis grave” destacou Xosé Manuel Beiras

Nos últimos dous anos, o goberno do Partido Popular a nivel estatal logrou colocar o Estado española á cola de Europa cun 0,15 por cento destinado a cooperación para o desenvolvemento.

AGE denuncia que co brutal recorte do 49 por cento respecto ao ano anterior “situámonos a niveis de finais da década dos 80 co que se pode afirmar que o obxectivo do PP céntrase en facer efectivo o desmantelamento real da cooperación. Países cunha situación económica similar como Portugal ou Grecia os recortes son moito máis moderados cun 13 e 17 por cento respectivamente”. 

Comentarios