Abel Caballero declarará no xulgado o próximo 8 de outubro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, terá que declarar nos xulgado de Vigo o vindeiro 8 de outubro, segundo adianta o xornal VIGO dixital. 

Abel Caballero
photo_camera Abel Caballero

O alcalde de Vigo terase que presentar nos xulgados o vindeiro 8 de outubro para declarar pola demanda promovida pola Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Teis, segundo adianta o xornal VIGO dixital. O rexedor vigués terá que someterse a un acto de conciliación, paso previo a que o colectivo veciñal presente unha querela por inxurias e calumnias. 

VIGO dixital sinala que a cédula de citación recolle a obrigatoriedade da presenza de Abel Caballero no xulgado o 8 de outubro despois das 10 horas. A demanda da Asociación Veciñal de Teis débese ás declaracións de Caballero nunha televisión local nas que acusaba de reclamar os 55.000€ do convenio do Centro Cívico para fins particulares. A entidade veciñal quere agora que Caballero rectifique publicamente das acusacións verquidas contra a súa directiva. “Quieren que les regalemos 55.000 euros para ellos, para su asunto particular”, sinalou o alcalde, despois das mobilizacións da veciñanza do barrio vigués demandando o mantemento do convenio. 

Fontes da asociación que cita VIGO dixital defenden que levarán a reclamación até o fin co que o alcalde pode enfrontarse a penas de prisión, de seis meses a dous anos, ou multa de seis a vintecatro meses é que podería engadirse unha multa adicional de 6 a 14. 

Comentarios