Unha nova imputación salfire o goberno de Abel Caballero

O concelleiro de Parques, Xardíns, Limpeza e Distritos de Vigo, Ángel Rivas, foi imputado por un presunto delito de prevaricación e negociación prohibida. 

Ángel Rivas
photo_camera Ángel Rivas [Imaxe Vigo.org]

Segundo informa o xornal Vigodixital, o xulgado número 1 da cidade olívica imputou esta terza feira o concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, por un presunto delito de prevarización administrativa e de negociación prohibida para funcionarios. 

A imputación devén da adxudicación dunhas obras de humanización desenvolvidas polo goberno de Abel Caballero através da área da que Rivas é responsábel. Esta concesión remataron en mans da empresa Hormigones Val Miñor após ser subcontratada polo concello. O delito residiría pois na pertenza de Ángel Rivas á entidade, como xerente, até xuño de 2012. 

Os feitos, que foron denunciados perante a Fiscalía polo grupo municipal do Partido Popular, suman máis un pleito xudicial á listaxe que carrexa o goberno local encabezado por Caballero. O rexedor da cidade olívica mantén até o momento a Rivas como concelleiro, embora sérenlle exixidas responsabilidades por parte do grupo municipal do BNG. 

No entanto, o propio Rivas asegurou en declaracións á imprensa que agarda sexa demostrada, máis cedo que tarde, a súa "absoluta inocencia". Entrementres, o alcalde procura non deixarse ver acarón do imputado. 

Comentarios