O nº20, a dous días do 21-O

O semanario Sermos Galiza, único periódico en papel escrito integramente na nosa lingua, chega aos puntos de venda habituais cun número redondo, o 20. E faino só un día antes da xornada de reflexión que dará paso á cita coas urnas para elixirmos quen gobernará a nosa terra. Eis aquí 32 páxinas a ter en conta antes de escollermos papeleta
portada nº20
photo_camera portada nº20
  • publicamos a campaña electoral do PP que Feijóo non quere que coñezas
  • entrevistamos a Tereixa Paz: "A crise do sistema está a ser utilizada para mudar o modelo social"
  • dámoslle unha volta á importancia do voto emigrante de cara á cita deste 21-O
  • repasamos a responsabilidade dos partidos centralistas nas dificultades dos sectores estratéxicos galegos
  • analizamos as chaves da Alianza Social Galega contra os recortes, que vén de nacer impulsada por sindicatos e movementos sociais
  • informamos das últimas novidades no xuízo do Prestige, a conta atrás para unha sentenza da cal non derivarán responsabilidades políticas
  • o mandato de Feijóo deixou pegadas difíciles de esquecer: 6.700 pequenas e medianas empresas desaparecidas. Damos máis cifras
  • asegurar a interrupción voluntaria do embarazo na sanidade pública ou avocar as mulleres á clandestinidade. Debatemos con dúas xinecólogas sobre o dereito ao aborto
  • analizamos a defensa da soberanía alimentar do pobo galego e o acceso ás terras, condición indispensábel para rebaixar as cifras da pobreza: nove de cada dez persoas viven no risco de ser pobres
  • contámoscho todo sobre unha iniciativa social recupera a memoria musical galega a través das imaxes. Patrimonio que entra polos ollos e acende o cerebro
  • analizamos o 'purgatorio' do Gaiás, a Cidade da Cultura. Gasto e pecados como a soberbia
  • entrevistamos a Antonio Zambujo, músico portugués ao que se rende a crítica e público europeo
  • na Crítica literaria, Mario Regueira mételle o dente a 'O xogo de Ender', de Orson Scott Card, editado por Urco
  • 'Livros em português que nos falam': a colaboración de Carlos Quiroga na sección Do outro lado do río
  • o escritor Vitor Vaqueiro lembra a Marcelo Brodsky e a súa obra
  • na sección de Viaxes pola miña Terra percorremos os Pastos Mixtos grazas a Valeria Paul Carril
  • mergullámonos con Lola Dopico en Woodglass, marca galega en que se dan a man tecnoloxía, deseño, artesanía e música
  • desta volta, a nosa Okapi vai de maquinista nunha locomotora, María Fumaça, con vagóns ateigados de música
  • e a entrevista da Contra, para a actriz Isabel Risco

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Galiza
comentarios