A delegada do goberno en Catalunya preside unha homenaxe á División Azul

María de los Llanos de Luna entregou un diploma nun acto nun cuartel da Garda Civil a un representante destea agrupación de soldados españois que voluntariamente loitaron nas fileiras de Hitler contra a Unión Soviética

 

Foto: La Directa
photo_camera Foto: La Directa

A delegada do goberno español en Catalunya, María de los Llanos de Luna, homenaxeu a ex-combatentes da División Azul, soldados voluntarios franquistas que combateron a carón do exército de Hitler contra a Unión Soviética.

O acto desenvolveuse no cuartel da Garda Civil en Sant Andreu de la Barca (Baix Llobregat), segundo desvelou o semanario La Directa, durante os actos de conemoración do 169 aniversario do instituto armado. O acto estaba presidido pola delegada do goberno en Catalunya. De Luna estreitou a man e entregou un diploma á Hermandad de Combatientes de la División Azul.

Os compoñentes da entidade acudiron ao acto coa indumentaria típica do falanxista. Nas súas páxinas e redes sociais exhiben abunante soimbolocñia franquista e nazi.

Nazis tod@s, menos el@s

Non deixa de ser paradóxico que en plena campaña do PP de acusar de ser nazis a colectivos como as plataformas antiespexos ou participantes en escrachos, Llanos de Luna participe presidindo un acto no que se fai un recfoñecemento aos voluntarios españois no exercito de Hitler.

 Mais cómpre lembrar que xa o socialista José bono convidara a División azul a participar na celebración do dia da hispanidade em 2004. Aliás, o goberno de Aznar financiou con 90. 000 euroa recuperación dos corpos de mortos División azul en Rusia mentres negaba cartos para exhumación cadáveres dos milleiros de republicanos en foxas e foxos do Estado español

Comentarios