Que a desfeita resultante da fusión das caixas galegas non fique sen castigo. Ese é un dos obxectivos de Aducab, Asociación para a Defensa de Usuarios e Usuarias de Caixas de Aforro e Bancos . Este colectivo realiza o vindeiro 21 de maio en Ourense unha asemblea xeral, xuntanza na que un dos puntos a tratar será a de “iniciar accións xudiciais contra os responsábeis” do que aconteu no sistema financeiro galego.
“A proposta formulase en base a que tense detectado que a situación a que ditas Caixas chegan é como resultado da conspiración artillada por persoas coñecidas, con responsabilidades nos feitos e con evidentes beneficios espurios”, sinalan nun comunicado.
Relanzamento
Aducab nace no ano 98 en Vigo coa intención de promover unhas finanzas éticas e defender os socios dos abusos cometidos polas entidades financeiras.
A asociación, indican, “relanzase neste momento pola evidente necesidade que ten a sociedade galega de coñecer que pasou cos 75.000 millóns de euros, en activos, nos que estaban valoradas as antigas caixas, e pedir responsabilidades os directivos destas e tamén os responsábeis políticos das mesmas”.