Os 11 paraísos fiscais favoritos das empresas galegas (e os 600 millóns que lle 'furtan @s galeg@s)

De Hong Kong a Malvinas, de Holanda a Xibraltar ou Bahamas, as compañías galegas crearon sociedades en enclaves off-shore cunha finalidade clara: eludir impostos. Por volta de 600 millóns nestes 10 anos

 

O diñeiro negro vai en aumento no Estado
photo_camera O diñeiro negro vai en aumento no Estado

No mundo hai por volta de 80 territorios considerados como paraísos fiscais ou off-shore. En varios deles importantes empresas galegas teñen radicadas sociedades cunha finalidade ex-profeso: eludir impostos. Un exemplo: en 2010, catro empresas galegas posuían 35 empresas filiais en paraísos fiscais, con activos que roldaban os 218 millóns de euros.

"Pouco antes da crise, as empresas galegas eran as terceiras do Estado en investimento en paraísos fiscais", lembra o analista M. Sánchez. Nesa altura "por volta do 20%do total do investimento español en territorios off-shore era galego. En só seis meses de 2008 foron 20 millóns de euros. Por comparar, de Catalunya eran só 2 ou 3 millóns".

Máis información neste semanario de Sermos Galiza, número 47

Comentarios