Galiza

“Mocidade: a xeración precaria”, a problemática xuvenil abordada A FONDO.

“Mocidade: a xeración precaria”, a problemática xuvenil abordada A FONDO.

O número catro do caderno de análise “A Fondo”, que se ofrece esta semana canda o número 33 de Sermos Galiza, céntrase na situación da mocidade do noso país coa precariedade como factor determinante.
Capa deste número de A FONDO

Baixo a coordinación de Xabier P. Igrexas, o suplemento semanal aborda os principais planos da problemática xuvenil. O drama da emigración forzosa á que cada día se ven condenadas 70 mozas e mozos é analizado en primeira persoa por Iago Lestagás, arquitecto emigrado. Silvia Bermúdez, licenciada en dereito, denuncia a precariedade que padece a mocidade traballadora.

Ás portas dunha nova folga estudantil e coa oposición á LOMCE como punta de lanza, debullamos a situación do estudantado galego cunha dupla entrevista a Daniel Candal, Responsábel nacional dos Comités, e máis a Adrián Dios, membro da Liga Estudantil Galega. Ambos coinciden en denunciar a elitización e privatización da universidade. Aliás poñen en cuestión o mito da xeración Ni-Ni, evidenciando as dificultades reais que ten a xente nova para poder estudar ou traballar.

Por derradeiro, inclúese un fragmento dun artigo de André Martelo --membro da dirección política da Xuventude Comunista Portuguesa--, no que desde a experiencia concreta do Portugal confronta co discurso criminalizador contra a xuventude, desmontando a súa ofensiva ideolóxica e fai un apelo á loita consciente e organizada da mocidade.

Máis en Galiza
comentarios